Entradas

Imagen
CORREMELIDE: Como todos os anos os alumn@s do Ceip Martagona participamos no Corremelide, acontecemento deportivo no que participan os tres colexios de Melide, o IES, o Ceip de Toque e o Ceip de Arcediago. Ademáis de ser unha tarefa deportiva, preténdese que sexa unha actividade que promocione e defenda o uso do Galego. Por ese motivo elaboramos unha serie de manifestos en defensa do noso idioma.
Imagen
FÚTBOL INCLUSIVO: O CEIP Martagona foi seleccionado para a participación nunhas xornadas de “Fútbol inclusivo 2019” que se celebraron o dia 21/05/2019 en A Estrada. Para participar en dito evento, organizamos un Equipo con 25 nenos e nenos de 4º, 5º e 6º curso. Con e sen diversidade funcional. En dito encontro primarase o aspecto lúdico e de participación máis que as cuestións técnicas. Participamos en 3 partidos con diferentes colexios de Galicia. Nos momentos de espera, entre partidos, realizamos unha serie de xogos e tarefas relacionadas coa práctica futbolistica.
DAFIS: Dentro do PDC no CEIP Martagona participamos no proxecto DAFIS dende o cal valoramos diferentes aspectos da condicion fisica para a saúde,o todo o alumnado de primaria do centro, analizando e compartindo os datos resultantes dos mesmos. Neste mes de Maio pasei as diferentes probas aos meus alumnos e alumnas de Primaria, con materiais específicos que me aportou a Xunta de Galicia.
Imagen
PAZ Para conmemorar o día da Paz, no CEIP Martagona, tivemos a visita dunha empresa que nos aportou unha serie de xogos interculturais, feitos todos eles de maneira artesanal. Os xogos estiveron organizados por todo o colexio e os alumnos ían pasando por eles, organizados por ciclos. Tamén traballamos o símbolo da paz, facendo unha representacion do mesmo no ximnasio, utilizando os propios alumnos e alumnas para formalo.
CAMPEONATO DE COLPBOL: Este curso fixemos campionatos de colpbol con alumn@s de 5º e 6º.
DEPORTE EN MELIDE: Posta en común na clase de Educación Física das actividades que se poden realizar neste concello fóra do horario lectivo. Destacan as seguintes:Fútbol,Kick Boxing,Natación, Patinaxe, Baile tradicional, Baile moderno, Ballet.Tamén cabe destacar que este ano no CEIP Martagona, por parte da ANPA se organizou unha actividade de Multideporte como tarefa extraescolar.
MAGOSTO:   O día 12 de Novembro conmemoramos todo o cole o Magosto. Tivemos no cole un tren “asador de castañas” e os nenos e nenas, puideron ver como se asaban as castañas e despois do recreo degustámolas todos xuntos no patio. Dende o PDC, esta semana, na clases de Educación Física   propuxemos unha serie de xogos coa "castaña" como fío condutor. Os xogos que fixemos foron os seguintes: A raia, Tres en raia, Carreira de relevos, Metecastaña, Pescar con castañas, Búsqueda da castaña.