Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017
Que deportes podo facer en Melide? Posta en común na clase de Educación Física das actividades que se poden realizar neste concello fóra do horario lectivo. Destacan as seguintes: Fútbol Kick Boxing Natación Patinaxe Baile tradicional Baile moderno Ballet Tamén cabe destacar que este ano no CEIP Martagona, por parte da ANPA se organizou unha actividade de Multideporte como tarefa extraescolar.
Imagen
O día 11 de Novembro celebramos o día do peón no CEIP Martagona. Houbo dúas modalidades de participación: por tempo e por habilidades. Coa colaboración do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) elaboramos os seguintes carteis. Deixamos unha pequena mostra do que foi o noso concurso de peón.
Imagen
O día 4 de Novembro conmemoramos todo o cole o Magosto. Dende o PDC propuxemos unha serie de xogos coa "castaña" como fío condutor. Fixemos un total de sete xogos nos que pasaron as diferentes clases á modo de circuito e no que os alumn@s de 5º e 6º axudaron ós seus compañeir@s máis pequenos. Os xogos que fixemos foron os seguintes. 1. A raia.  2. Tres en raia                                       3. Carreira de relevos 4. Metecastaña 5.Pescar castañas 6.Búsqueda de castañas 7.Levar a castaña Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos nosos cativos disfrutando dos xogos do magosto. 
Benvida. Con esta primeira entrada os membros do Proxecto Deportivo de Centro do CEIP Martagona (María, Lucía e Miguel) queremos dar a benvida a tod@s aquel@s que amosastes interés e ofrecestes colaboración neste proxecto. Sen a vosa axuda, as actividades que expoñemos a continuación non se poderían levar a cabo. Todas elas serán expostas en orde cronolóxica de maneira que as primeiras corresponden ó primeiro trimestre e as últimas ó terceiro trimestre.  Agardamos que disfrutedes co noso traballo.