Como todos os anos os alumn@s do Ceip Martagona participamos no Corremelide, acontecemento deportivo no que participan os tres colexios de Melide, o IES, o Ceip de Toque e o Ceip de Arcediago. Ademáis de ser unha tarefa deportiva, preténdese que sexa unha actividade que promocione e defenda o uso do Galego. Por ese motivo elaboramos unha serie de manifestos en defensa do noso idioma.
FÚTBOL INCLUSIVO: O CEIP Martagona foi seleccionado para a participación nunhas xornadas de “Fútbol inclusivo 2019” que se celebraron o dia 21/05/2019 en A Estrada. Para participar en dito evento, organizamos un Equipo con 25 nenos e nenos de 4º, 5º e 6º curso. Con e sen diversidade funcional. En dito encontro primarase o aspecto lúdico e de participación máis que as cuestións técnicas. Participamos en 3 partidos con diferentes colexios de Galicia. Nos momentos de espera, entre partidos, realizamos unha serie de xogos e tarefas relacionadas coa práctica futbolistica.
CORREMELIDE: Como todos os anos os alumn@s do Ceip Martagona participamos no Corremelide, acontecemento deportivo no que participan os tres colexios de Melide, o IES, o Ceip de Toque e o Ceip de Arcediago. Ademáis de ser unha tarefa deportiva, preténdese que sexa unha actividade que promocione e defenda o uso do Galego. Por ese motivo elaboramos unha serie de manifestos en defensa do noso idioma.
Comentarios
Publicar un comentario